> For the complete documentation index, see [llms.txt](https://patterns.innersourcecommons.org/llms.txt). Markdown versions of documentation pages are available by appending `.md` to page URLs; this page is available as [Markdown](https://patterns.innersourcecommons.org/gl/apendice/extras/contributing-template.md).

# Prototipo CONTRIBUTING

## Tipos de contribucións

Nesta sección proporcione información sobre o tipo de contribucións que está a procurar o seu proxecto. Por exemplo, poden ser informes de erros, axuda para responder preguntas dos/das usuarios/as, melloras da documentación, corrixir erros e a posta en marcha de funcionalidades.

## Informes de erros

Engada información sobre como enviar informes de erros neste apartado. Isto debe incluír suxestións sobre o tipo de información que precisará o proxecto para reproducir e solucionar problemas. Tamén pode incluír información sobre os erros de configuración máis comúns que parecen *bugs*.

Ademais, deberá incluír información sobre o que os/as contribuidores/as poden esperar en termos do tempo que transcorre dende a primeira resposta e o proceso posterior.

## Peticións de funcionalidades

Engada información sobre como enviar *feature requests*. Do mesmo xeito, tamén debería incluír neste apartado a información sobre o que cabe esperar por parte dos/das contribuidores/as, en termos do tempo da primeira resposta e do proceso posterior.

## Contribucións de documentación

Inclúa información sobre as mellores prácticas de documentación que segue o seu proxecto, así como instrucións sobre como crear a documentación, a execución de verificacións e o envío de cambios realizados no proxecto.

## Contribucións de código fonte

Esta sección debería conter información sobre:

* Como acceder ao código fonte do proxecto.
* Disposición xeral do proxecto.
* Calquera requisito para o medio de desenvolvemento.
* Directrices de formato de código.
* Como executar o conxunto de probas.

## Como chegar a ser *trusted committer*

Esta sección debe facer explícito o proceso para converterse nun/nunha *trusted committer* se esa ruta está aberta aos/ás contribuidores/as.

## Como nomear o/a *trusted committer*

Esta sección serve a modo de recordatorio para os/as *trusted committers* existentes e como explicación para os/as novos/as. Nela detállase como engadir a outras persoas ao *host team*. Deste xeito, o ideal é que esta información sexa idéntica para tódolos proxectos da organización, de modo que a información máis relevante se poida vincular desde aquí.


---

# Agent Instructions
This documentation is published with GitBook. GitBook is the documentation platform designed so that both humans and AI agents can read, navigate, and reason over technical content effectively. Learn more at gitbook.com.

## Querying This Documentation
If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter, and the optional `goal` query parameter:

```
GET https://patterns.innersourcecommons.org/gl/apendice/extras/contributing-template.md?ask=<question>&goal=<endgoal>
```

`ask` is the immediate question: it should be specific, self-contained, and written in natural language.
`goal` is optional and describes the broader end goal you are ultimately trying to accomplish on behalf of the user. GitBook uses it to tailor the answer towards what is most useful for that goal.

The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
