# Contribúa a este libro

Quere mellorar este libro? Estupendo!

O libro Modelos InnerSource é un [proxecto de software libre](https://github.com/InnerSourceCommons/InnerSourcePatterns) en si mesmo e dá a benvida a calquera forma de contribución, por pequena que sexa.

Non importa se desexa axudarnos a corrixir erratas, a mellorar o deseño ou a contribuír con modelos completamente novos baseados nas experiencias InnerSource que realizou no seu lugar de traballo. Calquera aportación é benvida.

Se nunca antes realizou unha contribución a un proxecto de software libre, saiba que a comunidade de Modelos InnerSource é un grupo de persoas amigables e, polo tanto, é un lugar seguro para tentalo.

## Antes de comezar

As fontes do Modelo InnerSource e este mesmo libro atópanse nun repositorio de GitHub. Polo tanto, necesitará unha conta de usuario/a de GitHub para realizar modificacións e suxestións a este libro. Se aínda non ten unha, diríxase a [github.com](https://github.com/) e cree unha conta gratuíta.

## Diferentes xeitos de contribución

Velaquí algunhas formas nas que pode contribuír:

1. Corrección ortotipográficas, de formato ou doutros erros que atope neste libro.
2. Mellora do contido dun modelo existente (por exemplo, pode engadir unha breve descrición de como está a empregar vostede o modelo no apartado *Exemplos coñecidos*).
3. Aportación dun novo modelo no que describa como superou os desafíos relacionados con InnerSource na súa organización.

Para (1) e (2), basta con premer na ligazón **Editar en GitHub** que observa na parte superior de cada páxina deste libro para acceder directamente ao arquivo respectivo do noso repositorio de GitHub, onde pode suxerir os cambios que considere.

Para (3) necesita clonar o repositorio [InnerSourcePatterns](https://github.com/InnerSourceCommons/InnerSourcePatterns) e engadir un novo arquivo co modelo suxerido. Para facer tales importantes contribucións a este libro, revise a sección de [CONTRIBUTING.md](https://github.com/InnerSourceCommons/InnerSourcePatterns/blob/main/CONTRIBUTING.md) e tamén o noso [Manual de contribución](https://github.com/InnerSourceCommons/InnerSourcePatterns/blob/main/meta/contributor-handbook.md).

## Licenzas das Contribucións

O contido deste repositorio ten licenza [CC-BY-SA-4.0](https://github.com/InnerSourceCommons/InnerSourcePatterns/blob/main/LICENSE.txt). Se contribúe ao mesmo, estanos a outorgar (e, por ende, a tódolos/as demais) o dereito a empregar a súa contribución de acordo coa devandita licenza.


---

# Agent Instructions: Querying This Documentation

If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://patterns.innersourcecommons.org/gl/contribute.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
