# Agradecemento aos/ás participantes

### Title

Agradecemento aos/ás participantes

### Patlet

Tras unha contribución a un proxecto InnerSource, é importante agradecer ao/á colaborador/a polo seu tempo e esforzo. Este modelo brinda unha orientación que non só recoñece dun xeito eficaz a súa contribución, senón que tamén xera un maior compromiso deste/a e doutros/as contribuidores/as.

### Problema

Como podemos expresar axeitadamente a nosa gratitude a un/unha contribuidor/a de InnerSource pola súa contribución a un proxecto? Pode ser doado esquecerse de facelo ou non coñecer as palabras ou o medio a empregar para conseguir un efecto e sinceridade axeitados. Tanto os eloxios como os agradecementos son formas sinxelas e económicas de manter aos/ás colaboradores/as e aos/ás seus/súas xestores/as motivados/as e entusiasmados/as por continuar. Un modelo nesta área fai que sexa fácil de facer e garante que a mensaxe se transmita con claridade e sinceridade.

### Contexto

* É o/a [*trusted committer*](/gl/p/trusted-committer.md) ou mantedor/a dun proxecto InnerSource.
* Valora a comunidade de contribuidores/as e quere mantela e seguir a medrar.

### Aspectos que mellorar

* Está moi ocupado/a e adoita esquecerse dos toques persoais como os eloxios e agradecementos.
* Se cadra non se sinte cómodo/a en situacións sociais ou non é bo/boa coas palabras.
* O recoñecemento entre iguais é moi importante para a satisfacción laboral e o desenvolvemento profesional.

### Solucións

A todos/as nos gusta ser recoñecidos/as polos/as demais. No ámbito profesional, un maior recoñecemento supón tamén unha vía para aumentar a nosa influencia e crecemento profesional. Cada vez que alguén faga un aporte ao teu proxecto InnerSource, recoñéceo/a cun sincero e cumprido «grazas».

Para as contribucións non triviais (tódalas contribucións ao código e as contribucións significativas de tempo), podes dar as grazas a través dos seguintes mecanismos:

(1) Chama á persoa polo seu nome en calquera das canles de mensaxería instantánea nas que organices a actividade do seu proxecto (por exemplo, Slack). Que todos/as saiban o que fixo a través dun agradecemento público.

Exemplo:

> Todo o mundo @aquí pode darlle a noraboa a @andrew\.clegg por actualizar o *rcs-viewer* á última versión do *hebo-client* (<https://github.com/rcs/rcs-viewer/pull/81>). Grazas por axudar a manter a libraría actualizada, Andy!

(2) Envíalles un correo electrónico a eles/as e ao/á seu/súa xestor/a (cc'd) de xeito privado agradecéndolles a contribución. Nos casos de aportacións ao código, moitas veces pódese simplemente reenviar o correo co que se notifica a nova combinación do código.

Exemplo:

> Ola, Andy, quero agradecerche de novo que fixeras esta actualización. Tal vez levase pouco tempo, pero son as accións individuais como esta as que fan que o proxecto RCS funcione para todos/as nós. Grazas por resolver o teu propio problema dun xeito que tamén fai que o rcs-viewer sexa mellor para todo o equipo.

### Contexto resultante

Comentarios como este deixan ao/á contribuidor/a cunha sensación fantástica e listo/a para volver por máis. A combinación de **ambas as dúas** formas de agradecemento proporciónalles recoñecemento diante dos/as seus/súas compañeiros/as (maior alcance) e diante do/a seu/súa superior/a directo/a (maior calado). Isto provoca un sutil efecto chamada para que os/as seus/súas compañeiros/as no chat consideren contribuír eles/as mesmos/as e para que o/a seu/súa superior/a procure alentar aos/ás outros/as subordinados/as directos/as a facer o mesmo. Ademais, o coñecemento do proxecto de InnerSource esténdese ao/á xestor/a, que quizais non coñecía previamente o uso e a implicación do equipo con el/ela.

Como advertencia: é necesario mantelo crible. Asegúrese de que as súas palabras deriven do agradecemento sincero que sentes pola aportación que fixeron. Manteña o nivel e a énfase dos agradecementos en relación ao seu nivel de implicación. Esaxerar resultará mecánico e pouco sincero e será unha derrota no seu propósito de chegar aos/ás traballadores/as.

### Modelos relacionados

* *Just Say Thanks* (do libro [*Fearless Change*](https://fearlesschangepatterns.com/))

### Exemplos coñecidos

* Nike (múltiples proxectos)

### Estado

* Estruturado

### Autoría

* Russ Rutledge

### Recoñecementos

* [Todd Lisonbee](https://github.com/tlisonbee) polos ánimos á hora de «mantelo real».
* [Isabel Drost-Fromm](https://github.com/MaineC) por [esta explicación extra](https://youtu.be/h3MPewsk5PU?t=357) do que é un agradecemento «cualificado».

### Tradución

* Leticia Gómez Cadahía
* María Lucía González Castro


---

# Agent Instructions: Querying This Documentation

If you need additional information that is not directly available in this page, you can query the documentation dynamically by asking a question.

Perform an HTTP GET request on the current page URL with the `ask` query parameter:

```
GET https://patterns.innersourcecommons.org/gl/p/praise-participants.md?ask=<question>
```

The question should be specific, self-contained, and written in natural language.
The response will contain a direct answer to the question and relevant excerpts and sources from the documentation.

Use this mechanism when the answer is not explicitly present in the current page, you need clarification or additional context, or you want to retrieve related documentation sections.
