Engadir un título curto
Descrición concisa de entre unha ou dúas liñas na que se expón o problema e a solución. Os/As lectores/as poden revisar de maneira rápida ducias destas descricións de casos e navegar pola libraría de modelos. http://wiki.c2.com/?PatLet
Cal é o problema? Neste apartado definirase o problema de maneira concisa; breve descrición, xeralmente non máis dun par de liñas, que explique cales son os problemas e os desafíos. Teña coidado con non mesturar a información que se atopa nas seccións seguintes.
Ás veces hai un caso particular que permite comprender mellor o modelo.
Onde está o problema? Cales son as circunstancias previas? É importante describir cales son os aspectos inalterables antes de que a solución se poña en marcha. O contido que aquí se describe, a miúdo, está vencellado á aplicación do modelo para outros/as usuarios/as que se pregunten: «É esta unha a situación semellante á miña?».
Que dificulta o problema? Cales son os sacrificios? Neste apartado, abórdanse as limitacións que poden cambiar a un certo custo. A solución podería mudar un ou máis destes impedimentos co obxectivo de resolver o problema, o cal tamén afecta o contexto.
Ilustración visual.
Resolucións verificadas e posibles solucións ao problema.
Cal é a situación resultante unha vez que se resolve o problema? O contexto orixinal cambia de xeito indirecto unha vez aplicada a solución. A miúdo, esta sección pode incluír a discusión dos posibles modelos/problemas presentados a continuación. O contido deste apartado pode ser breve, pois é posible que a solución non presente novos problemas nin modifique moito o contexto.
Nesta sección explícase o motivo polo cal unha solución concreta é a axeitada; empréganse outras palabras para explicar a razón pola que esa solución equilibra eses aspectos que se precisan mellorar co contexto, co fin de resolver o problema. Esta sección poderíase ampliar segundo outros posibles escenarios ou teorías.
Onde se aplicou o modelo antes? Esta sección axuda a reforzar a idea de que se trata dun modelo REAL e que coincide co contexto.
Pode facer referencia a:
Un negocio en concreto.
Casos anónimos, por exemplo: «Tres empresas demostraron que esta é unha boa solución» ou «a grande organización de servizos financeiros...».
O estado xeral do modelo almacénase no sistema de etiquetaxe de GitHub; consulte aquí calquera pull request. Teña en conta que o sistema de etiquetaxe de GitHub se fai menos visible unha vez que o modelo se remata e se integra, polo que é útil contar con información neste eido.
Tamén pode almacenar outra información de interese neste apartado, como un historial de revisión, por exemplo: «Tres de nós revisamos isto o 5/2/17 e precísase dos coñecementos especializados de John antes de que se poida continuar».
En moitos casos, vostede mesmo/a pode formar parte da autoría. Se é necesario, procure alguén en InnerSource Commons para que sexa o/a autor/a nominal (tal e como se explicou anteriormente). Tamén podería manter o anonimato no caso de que non queira asumir a autoría (algo común cando se emprega un donut para procurar unha solución).
Inclúa aquelas persoas que axudaron a desenvolver este modelo; tanto para a atribución como para un posible seguimento futuro. Aínda que é opcional, a maioría dos modelos deben citar as persoas que contribuíron na súa creación.
No caso de que o modelo tamén se coñeza cun nome distinto ao que amosa o Título, enumere eses títulos alternativos aquí. Por exemplo, nos casos nos que o modelo leve o nome do problema que está a resolver, un alias útil podería ser aquel que describa a solución que se vai aplicar.