A comunidade InnerSource Commons aporta cada vez máis modelos a este libro; o que é incrible!
Pero, como facilitar que os/as lectores/as descubran os modelos que poden axudalos/as na súa situación particular?
Para isto proporcionamos este mapa conceptual, que clasifica os modelos en función das diferentes fases dun programa InnerSource e dos desafíos que poden xurdir nas respectivas fases.
Se vostede detecta algo neste mapa conceptual que lle resulta incorrecto, pode abrir unha incidencia na que describa o problema xunto co arranxo que se debería levar a cabo.
Ademais, se ten outras ideas para dar a coñecer estes modelos ou desexa mellorar este mapa conceptual, revise a documentación do noso enfoque de Categorización de modelos e verifique como contribuír a este libro.
A idea de categorizar modelos como este baséase, parcialmente, na descrición en Thoughts on an InnerSource Pattern Language [Reflexións arredor do modelo InnerSource] de Tim Yao, Bob Hanmer e Padma Sudarsan (2018). Para obter máis detalles, pode consultar a diapositiva 15 da presentación.