Trusted commiter
moitos proxectos InnerSource recibirán valoracións constantemente ou requirirán a posta en marcha de novas funcionalidades e a corrección de erros por parte dos contribuidores/as. Nestas situacións, as persoas encargadas do mantemento do proxecto buscan formas de recoñecer e recompensar o traballo do contribuidor/a máis alá das contribucións individuais.
As persoas encargadas do mantemento de proxectos queren atopar xeitos de incrementar a súa capacidade para brindar apoio a un proxecto.
As persoas encargadas do mantemento de proxectos queren atopar xeitos de prolongar o valor que aportou o proxecto.
As persoas encargadas do mantemento de proxectos queren recompensar visiblemente aos/ás contribuidores/as frecuentes e capacitalos/as para que melloren o valor das contribucións.
Falla de mecanismos e linguaxe para recoñecer as contribucións que levaban a cabo os equipos dunha organización.
Vostede é a persoa encargada do mantemento dunha libraría, un servizo ou un recurso compartido entre equipos.
Recibe contribucións regularmente.
Recibe peticións de funcionalidades regularmente.
Recibe solicitudes periódicas de corrección de erros.
Hai contribuidores/as con motivación propia que buscan desenvolver as súas competencias a través de proxectos InnerSource.
Durante o ciclo de vida dun proxecto, o enfoque dos/as mantedores/as pode mudar co fin de adaptarse ás prioridades comerciais cambiantes.
Os/As contribuidores/as buscan un recoñecemento visible das súas contribucións, que amose valor.
Manter un proxecto de complexidade razoable resulta complexo para un equipo pequeno.
Desenvolver funcionalidades de proxecto a escala é esixente para un equipo pequeno.
O labor do/a trusted committer depende de cada proxecto e do seu persoal encargado de mantemento. Asegúrese de documentar no proxecto o alcance da función do seu/súa trusted committer. A documentación específica establece o que cabe esperar dos novos membros da comunidade e establece o papel dos/as futuros/as candidatos/as.
A continuación, enuméranse algunhas pautas para identificar un/unha posible trusted committer:
Un/Unha participante activo/a nas canles da comunidade (Slack, triaxe de problemas en JIRA etc.) convértese nun/nunha trusted committer formalizando, así, o seu papel de apoio á comunidade.
Alguén que envía código, documentación ou outros cambios no repositorio. Comece por incluír a esta persoa nas pull requests. Se participa de xeito activo nas pull requests, considere achegarse a esa ou a esas persoas para propoñerlle unha maior colaboración no proxecto.
O primeiro paso é achegarse ás persoas candidatas para que se convertan en trusted committer. O persoal encargado do mantemento debe educar ás persoas candidatas sobre o papel do/a trusted committer. Non se espera que as persoas candidatas acepten o rol de trusted committer. Cada candidato/a debe avaliar se ten o ancho de banda necesario para asumir as responsabilidades.
Cando un/unha candidato/a acepta o rol, correspóndelle ao persoal encargado de mantemento do proxecto recoñecer publicamente o paso de usuario/a a trusted committer. Tamén é unha boa idea engadir o seu nome a unha sección de trusted committers no README do seu proxecto. Como por exemplo:
Unha vez que formalice a incorporación dun/dunha novo/a trusted committer, é unha boa idea mantelo/a informado/a mentres continúa iterando no seu proxecto. Manter informados/as aos/ás trusted committers pode ser tan sinxelo como convidalos/as á súa canle de proxecto ou incluílos/as nas súas sesións de planificación. Deste xeito, se os/as trusted committers teñen máis oportunidades de participación, poderán ter acceso ao persoal encargado do mantemento, se así o desexan.
Ademais de manter informados/as aos/ás trusted committers, resulta positivo pórse en contacto de maneira periódica. Unha cadencia suxerida é comezar cada semana antes de progresar gradualmente a cada poucas semanas. O propósito destes contactos é asegurarse de que o/a trusted committer se sinte apoiado no seu novo papel. Ao igual que nas reunións 1:1 co/coa seu/súa xerente, se hai algún problema, escoite e empatice para tratar de comprender que está a impedir que o/a trusted committer teña éxito. Agradézalle sempre a este o seu esforzo continuo por facer que o proxecto sexa exitoso e estableza, así, unha nova data para volver a contactar.
Hai momentos nos que pode ser necesario prescindir dun/dunha trusted committer. Estas circunstancias acontecen cando o/a trusted committer:
Xa non está disposto/a a participar.
Xa non pode cumprir coas súas funcións.
Xa non é empregado/a da empresa.
Ambas partes deben acordar un plan para eliminar o acceso aos recursos do proxecto, tales medidas inclúen a transición da súa entrada na sección de trusted committer dun proxecto a unha listaxe de contribuidores/as anteriores.
Despois de eliminar o acceso, agradeza ao/á trusted committer a súa participación de maneira pública. O recoñecemento público asegura unha comunicación clara no proceso de transición e continuidade da comunidade.
Acadar o status de trusted committer nun proxecto demostra iniciativa á hora de contribuír a un proxecto comunitario. O recoñecemento destes esforzos pódese utilizar durante as revisións anuais cos/coas xerentes.
Á medida que un proxecto madura, as persoas encargadas do mantemento poden familiarizarse menos cos aspectos chave dun proxecto. Os/As trusted committers enchen estes ocos baleiros, asegurando que todos os aspectos do proxecto sexan atendidos mellor co tempo.
Contar cun conxunto robusto de trusted committers asegura que, se o persoal encargado do mantemento do proxecto segue adiante, sempre existirá un plan para a Administración responsable.
Esta iniciativa foi levada a cabo con éxito en:
Nike
Paypal
Mercado Libre: Engadindo unha sección no arquivo CONTRIBUTING.md
para informar de quen son os/as trusted committers.
Robert Bosch GmbH: non se designou co nome de «trusted committer», pero si se implantou este rol ao comezo da implantación de InnerSource. Os/As trusted committers recibiron financiación para o 100 % do seu tempo laboral co obxectivo de que puidesen centrarse neste papel.
Estruturado.
Publicado internamente en Nike; redactado a través dunha pull request en xuño de 2018.
Leticia Gómez Cadahía
María Lucía González Castro