Cualificación da actividade do repositorio
os/as potenciais contribuidores/as queren atopar proxectos InnerSource activos que precisen da súa participación. Ao calcular a cualificación da actividade do repositorio para cada proxecto, pódese crear unha listaxe clasificada de proxectos (por exemplo, no portal InnerSource) para que os/as posibles contribuidores/as poidan determinar dun xeito máis doado en que proxecto desexan colaborar.
En que orde se presentarán os proxectos InnerSource? Os KPI de clasificación típicos como as estrelas de GitHub, o número de forks, o número de commits, as liñas de código e a última actualización non son suficientes para indicar de forma concisa a actividade dun proxecto.
Os proxectos activos con moito soporte, pero tamén os proxectos bastante novos e entusiastas que necesitan novos/as colaboradores/as, deberían clasificarse nun rango superior ao dos proxectos madurados con pouca actividade ou en modo de mantemento.
Precísase unha nova métrica derivada de varios KPI para definir unha cualificación fiable e versátil para o nivel de actividade dun proxecto. Pódese utilizar para ordenar proxectos segundo o seu nivel de actividade.
Cando InnerSource se practica durante moito tempo ou se escala máis aló dun determinado número de proxectos (digamos 50 para dar un limiar significativo), é difícil atopar os proxectos InnerSource máis populares e activos actualmente. Os proxectos que existen desde hai moito tempo son coñecidos, pero poden non estar xa moi activos. Por outra banda, proxectos bastante recentes aínda non teñen unha reputación nin unha comunidade activa.
Unha listaxe de proxectos InnerSource non debe considerarse un recurso estático, senón un lugar emocionante para descubrir e explorar proxectos novos e activos, do mesmo xeito que unha páxina de noticias que enumera primeiro os temas máis interesantes do día. Así, resulta beneficioso cando a orde dos proxectos se actualiza regularmente e cambia segundo a popularidade e a actividade do proxecto.
Estas consideracións levaron a un primeiro prototipo para calcular unha cualificación de actividade do repositorio, que funcionou sorprendentemente ben e determinou unha orde de proxectos en constante cambio segundo a súa actividade.
Descubrir proxectos InnerSource pódese facilitar co portal InnerSource e o modelo Gig marketplace, ou promovendo proxectos noutras canles e plataformas de comunicación. A cualificación da actividade define unha orde predeterminada na que se presentan os proxectos á comunidade.
Os KPI automatizados que se poden obter consultando a API de GitHub son só parte da verdade. Que pasa coa calidade do código, a dispoñibilidade dunha boa documentación ou dunha comunidade activa e disposta a axudar que faga do proxecto un lugar divertido para contribuír?
Tales KPI «brandos» terían que engadirse manual ou semiautomaticamente ao cálculo e á cualificación resultante. Se existen ferramentas que proporcionan máis contexto para o repositorio, como un informe de cobertura de código, pódense introducir facilmente.
Un enfoque centralizado para calcular e aplicar a cualificación da actividade do repositorio. Consulte Contexto resultante para máis información.
A cualificación da actividade do repositorio é un valor numérico que representa a actividade (GitHub) dun proxecto InnerSource. Derívase automaticamente de estatísticas do repositorio como as estrelas, as visitas e os forks de GitHub e pódense enriquecer con KPI doutras ferramentas ou avaliacións manuais.
Ademais, considera parámetros de actividade como a última actualización e a data de creación do repositorio para darlle un impulso aos proxectos novos con moita actividade. Os proxectos con pautas de contribución, estatísticas de participación activa e incidencias (de acumulación xeral) tamén reciben unha clasificación máis alta.
Todo isto pódese obter e calcular de xeito automático usando o conxunto de resultados da API de busca de GitHub e da API de estadísticas de GitHub. Tamén se poden integrar outros sistemas de versión de código como BitBucket, Gitlab e Gerrit se hai unha API similar dispoñible.
O código seguinte asume que o repositorio
contén unha entidade obtida da API de busca
GitHub e que o obxecto de participación
contén unha entidade da API de estatísticas/participación
de GitHub.
Se é necesario, pódense facer axustes manuais segundo os KPI brandos (vexa Aspectos que mellorar).
Os/As colaboradores/as son libres de dedicar unha parte do seu tempo ao proxecto InnerSource. De tódolos xeitos, poden optar por contribuír a un proxecto do que dependen para o traballo no seu equipo habitual. Non obstante, tamén poden escoller colaborar en algo completamente diferente, en función dos seus intereses e obxectivos de desenvolvemento persoal.
Os proxectos pódense clasificar e presentar segundo a cualificación da actividade do repositorio, para dar unha orde significativa nun portal que presente proxectos aos/ás posibles novos/as colaboradores/as. A cualificación pódese calcular sobre a marcha ou nun traballo de fondo que avalíe tódolos proxectos de forma regular e almacene unha listaxe de resultados.
Un/Unha indexador/a que busca regularmente tódolos repositorios InnerSource (por exemplo, etiquetado cun determinado tema en GitHub) tamén pode ser un complemento útil. Ofrece unha listaxe clasificada de proxectos que se poden usar como entrada para ferramentas como o portal InnerSource, un motor de busca ou un bot de chat interactivo.
A cualificación da actividade do repositorio é un cálculo sinxelo baseado na API de GitHub. Pódese automatizar completamente e adaptar aos novos requisitos de forma sinxela.
Empregado no portal de proxectos InnerSource de SAP para definir a orde predeterminada dos proxectos InnerSource. Creouse por primeira vez en xullo de 2020 e, desde entón, foi axustado e actualizado con frecuencia. Cando se propuxo a InnerSource Commons en xullo de 2020, xurdiu este modelo. Vexa tamén Michael Graf & Harish B (SAP) at ISC.S11 - The Unexpected Path of Applying InnerSource Patterns [A senda inesperada na aplicación de modelos InnerSource].
Estruturado
Grazas á comunidade InnerSource Commons polos consellos rápidos como un lóstrego e moitas aportacións útiles para alimentar este modelo. Especialmente:
Johannes Tigges
Sebastian Spier
Maximilian Capraro
Tim Yao
Leticia Gómez Cadahía
María Lucía González Castro