Soporte grupal
que acontece se un equipo ou unha persoa abandona un proxecto InnerSource? Para manter vivo o proxecto fórmase un novo grupo de colaboradores/as interesados/as.
Un proxecto InnerSource popular queda orfo.
Non se conta cun sitio claro para a súa publicación.
Máis de 50 proxectos de toda a compañÃa empregan unha librarÃa de widgets UI. O equipo disólvese ao esgotarse o financiamento do equipo propietario da librarÃa. Nun principio, ninguén se decata mais, despois dalgún tempo, cada vez que alguén pregunta quen é o/a propietario/a, non hai resposta. Que vai pasar agora? Os novos equipos evitarán usala? Estancarase o proxecto e permanecerá asà ata que finalmente os/as seus/súas usuarios/as se vexan obrigados/as a cambiar a outra cousa? Unha mágoa se iso pasase cun proxecto bo e perfectamente útil!
Proxecto InnerSource popular.
Consumido como unha dependencia do tempo de compilación (por exemplo, o módulo de código).
Ninguén lle presta soporte de forma activa.
A compañÃa non pode asignar un equipo de soporte.
Ninguén ten asignado como traballo principal encargarse do caso.
Todos/as están ocupados/as.
A migración fóra do proxecto ten un alto custo.
Convocar voluntarios/as interesados/as de calquera sector da compañÃa para formar un grupo de que dean soporte ao proxecto. Pode ser preciso pórse en contacto con individuos especÃficos, en función do historial de uso e commits. É importante que sexan suficientes para que a carga de cada un/unha deles/as sexa razoablemente pequena.
Ao formarse, este grupo deberÃa identificar ou constituÃr unha e .
O grupo fará o posible para xestionar estes aspectos do proxecto:
Mantemento. Se o proxecto está totalmente roto para o caso de uso estándar, haberá que arranxalo. É preciso manter o proxecto actualizado a medida que as dependencias e os marcos que usa seguen a desenvolverse.
Incorporación. Se alguén ten unha pregunta sobre como empregar o proxecto, haberá que asegurarse de que obtén unha resposta razoable.
Actualizacións. Se alguén quere engadir novas funcionalidades ao proxecto, proporcionaráselle o deseño e soporte técnico precisos para a súa contribución, de xeito que sexa tanto bo para eles/as como para o proxecto. As pull requests entrantes revisaranse de maneira oportuna.
Posto que o grupo está formado por voluntarios/as, é importante comunicar que o soporte é só o seu «mellor esforzo». E, en consecuencia, este modelo de soporte non é adecuado para proxectos de produción crÃticos en tempo de execución como as live API. Será máis axeitado para proxectos que se consomen no tempo de compilación, como librarÃas/paquetes/módulos. Non se espera que o grupo introduza ningunha funcionalidade nova para outros.
Soporte feble para o proxecto InnerSource.
A longo prazo, é probable que volva faltar o soporte nalgún momento. Polo que se o proxecto continúa no tempo, deberá empregarse este perÃodo de soporte grupal estable para dar cunha forma duradeira de mantelo (por exemplo, o ).
A xente xeralmente estará disposta a axudar. Se alguén quere converterse en , o máis probable é que un gran número de persoas estean de acordo. Sentirse parte dun grupo e ter certa estrutura e responsabilidade, en xeral, motiva á xente a dar o máximo posible, o que a meirande parte das veces acaba sendo suficiente.
WellSky
Estruturado
Leticia Gómez CadahÃa
MarÃa LucÃa González Castro