Benvido ao libro Modelos de InnerSource.
Este libro contén as mellores prácticas de InnerSource debulladas nun formato pensado especificamente para que sexan sinxelas de comprender, de avaliar e de aplicar no seu contexto. ReferÃmonos a este tipo de formato como modelo.
recompilou estes modelos ao longo de varios anos e publicou os máis maduros neste libro, no que os membros da comunidade revisitan cada modelo a partir de, polo menos, un exemplo de uso coñecido.
Nesta introdución explicamos , e na súa organización.
Se xa está a empregar InnerSource na súa empresa e quere contribuÃr achegando experiencias a este libro, encantarÃanos
Definimos InnerSource como:
O uso de principios e prácticas de software libre para o desenvolvemento de software dentro dos lÃmites dunha organización.
InnerSource toma as leccións aprendidas do desenvolvemento de software libre e aplÃcaas á forma en que as empresas desenvolven software de maneira interna. Cando os/as desenvolvedores/as xa estaban afeitos a traballar en software libre de xeito universal, xurdiu un forte desexo de volver a introducir esas prácticas dentro do firewall e de aplicalas ao software que as empresas poden amosarse reticentes a lanzar.
Para as empresas que crean na súa meirande parte software de código pechado, InnerSource pode ser unha boa ferramenta coa que eliminar os silos, fomentar e escalar a colaboración interna, acelerar a incorporación de novos/as enxeñeiros/as e identificar as oportunidades para contribuÃr ao mundo do software libre.
Os modelos son unha forma de describir unha solución probada e repetible para un problema nun contexto concreto. Os modelos empregan un formato sinxelo co que, na propia aplicación da solución, axudan a comprender as limitacións do problema, os aspectos que mellorar e o contexto resultante; é dicir, a nova situación xerada tras a aplicación desta solución.
Os modelos poden proporcionar aos/ás participantes de InnerSource Commons un medio polo que compartir información de xeito conciso, para mellorar a práctica InnerSource. Algunhas das seccións principais destes modelos son: TÃtulo, Problema, Contexto, Aspectos que mellorar e Solucións.
: visualice esta serie de vÃdeos de YouTube de entre 2 e 5 minutos, na que se explican os modelos InnerSource.
: o16 de marzo de 2017 levouse a cabo este webinario no que se debateu en vivo un modelo donut (minuto 24:30). É un exemplo do proceso de revisión que seguimos. Tamén pode consultar o .
: observe a estrutura dun modelo InnerSource para ter unha idea do que acontece nun modelo novo.
Os modelos deben empregarse coidadosamente. Non poden aplicarse de xeito indiscriminado. Na maiorÃa dos casos, vostede necesitará adaptar unha solución á súa situación particular; mais a información proporcionada no modelo, que define o contexto (os lÃmites inamovibles) e os aspectos que mellorar (os lÃmites que poden cambiar e equilibrarse entre si), deberÃa servir de axuda para poñela en práctica. Teña en conta que tamén deberá determinar se existen limitacións adicionais (o contexto e os aspectos que queira mellorar a empresa) que se apliquen á súa compañÃa/organización en particular e deban engadirse ao modelo (como se fose unha especie de filtro). Estas limitacións adicionais poden chegar a requirir pasos adicionais para chegar a unha solución.
O impreso do modelo é útil para describir solucións probadas, pero tamén se pode empregar para xerar ideas sobre novas solucións onde aÃnda non se estableceron modelos. Isto débese a que a anatomÃa dun modelo proporciona un marco de traballo para pensar sobre un problema dun xeito estruturado. Vostede tamén pode crear un modelo de donut (completando os campos de problema, contexto, aspectos que mellorar e contexto resultante; pero deixando a solución en branco) como unha forma de pedir axuda á comunidade InnerSource Commons (para encontrar unha solución comprobada ou para achegar ideas sobre que cousas probar).
Consulte: .
Este libro é o resultado de moitos anos de traballo de incontables de todo o mundo. A súa vontade de compartir abertamente os desafÃos que afrontaron as súas empresas e o xeito no que InnerSource os axudou a abordar eses desafÃos, fan deste libro un recurso valioso para calquera que inicie o seu percorrido InnerSource.
Queremos facer unha mención especial ao InnerSource Patterns Working Group, que nutriu a calidade dos modelos e axudou a outros/as a facer contribucións. E tamén compilou a selección de modelos dispoñibles neste libro.
A imaxe do tÃtulo do libro foi creada por e adaptada dunha imaxe de , dispoñible baixo a licenza .
Moitas grazas a todos os/as contribuidores/as! E feliz dÃa InnerSource. :)
Modelos InnerSource de ten unha licenza .
Esta tradución á lingua galega foi elaborada pola (Xunta de Galicia). Cofinanciada a través de Fondos Europeos. Esta iniciativa foi coordinada pola .
Distribúese baixo licenza Creative Commons Atribución - Compartir Igual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0). Pode consultar as condicións desta licenza .
Autoras da tradución:
Leticia Gómez CadahÃa
MarÃa LucÃa González Castro
Introdución aos modelos InnerSource (presentación en inglés do cumio de outono de 2016), de Tim Yao e Padma Sudarsan (PDF). Expón os antecedentes e algúns exemplos de modelos, e permitiralle comprender en detalle os motivos polos que facer uso dos nosos modelos e como facelo. Consulte tamén a Introdución aos modelos InnerSource (do cume de outono de 2017) de Tim Yao e Bob Hanmer (PDF).

