arrow-left

All pages
gitbookPowered by GitBook
1 of 1

Loading...

Soporte grupal

hashtag
Title

Soporte grupal

hashtag
Patlet

que acontece se un equipo ou unha persoa abandona un proxecto InnerSource? Para manter vivo o proxecto fórmase un novo grupo de colaboradores/as interesados/as.

hashtag
Problema

  • Un proxecto InnerSource popular queda orfo.

  • Non se conta cun sitio claro para a súa publicación.

hashtag
Historia

Máis de 50 proxectos de toda a compañía empregan unha libraría de widgets UI. O equipo disólvese ao esgotarse o financiamento do equipo propietario da libraría. Nun principio, ninguén se decata mais, despois dalgún tempo, cada vez que alguén pregunta quen é o/a propietario/a, non hai resposta. Que vai pasar agora? Os novos equipos evitarán usala? Estancarase o proxecto e permanecerá así ata que finalmente os/as seus/súas usuarios/as se vexan obrigados/as a cambiar a outra cousa? Unha mágoa se iso pasase cun proxecto bo e perfectamente útil!

hashtag
Contexto

  • Proxecto InnerSource popular.

  • Consumido como unha dependencia do tempo de compilación (por exemplo, o módulo de código).

  • Ninguén lle presta soporte de forma activa.

hashtag
Aspectos que mellorar

  • Ninguén ten asignado como traballo principal encargarse do caso.

  • Todos/as están ocupados/as.

  • A migración fóra do proxecto ten un alto custo.

hashtag
Solucións

Convocar voluntarios/as interesados/as de calquera sector da compañía para formar un grupo de que dean soporte ao proxecto. Pode ser preciso pórse en contacto con individuos específicos, en función do historial de uso e commits. É importante que sexan suficientes para que a carga de cada un/unha deles/as sexa razoablemente pequena.

Ao formarse, este grupo debería identificar ou constituír unha e .

O grupo fará o posible para xestionar estes aspectos do proxecto:

  • Mantemento. Se o proxecto está totalmente roto para o caso de uso estándar, haberá que arranxalo. É preciso manter o proxecto actualizado a medida que as dependencias e os marcos que usa seguen a desenvolverse.

  • Incorporación. Se alguén ten unha pregunta sobre como empregar o proxecto, haberá que asegurarse de que obtén unha resposta razoable.

  • Actualizacións. Se alguén quere engadir novas funcionalidades ao proxecto, proporcionaráselle o deseño e soporte técnico precisos para a súa contribución, de xeito que sexa tanto bo para eles/as como para o proxecto. As

Posto que o grupo está formado por voluntarios/as, é importante comunicar que o soporte é só o seu «mellor esforzo». E, en consecuencia, este modelo de soporte non é adecuado para proxectos de produción críticos en tempo de execución como as live API. Será máis axeitado para proxectos que se consomen no tempo de compilación, como librarías/paquetes/módulos. Non se espera que o grupo introduza ningunha funcionalidade nova para outros.

hashtag
Contexto resultante

  • Soporte feble para o proxecto InnerSource.

  • A longo prazo, é probable que volva faltar o soporte nalgún momento. Polo que se o proxecto continúa no tempo, deberá empregarse este período de soporte grupal estable para dar cunha forma duradeira de mantelo (por exemplo, o ).

hashtag
Fundamento

A xente xeralmente estará disposta a axudar. Se alguén quere converterse en , o máis probable é que un gran número de persoas estean de acordo. Sentirse parte dun grupo e ter certa estrutura e responsabilidade, en xeral, motiva á xente a dar o máximo posible, o que a meirande parte das veces acaba sendo suficiente.

hashtag
Exemplos coñecidos

  • WellSky

hashtag
Estado

  • Estruturado

hashtag
Autoría

hashtag
Tradución

  • Leticia Gómez Cadahía

  • María Lucía González Castro

A compañía non pode asignar un equipo de soporte.
pull requests
entrantes revisaranse de maneira oportuna.
trusted committers
documentación base estándar
ferramentas de comunicación
core team
trusted committer
Russell R. Rutledgearrow-up-right