Índice
Last updated
Was this helpful?
Last updated
Was this helpful?
- Tras unha contribución a un proxecto InnerSource, é importante agradecer ao/á colaborador/a polo seu tempo e esforzo. Este modelo brinda unha orientación que non só recoñece dun xeito eficaz a súa contribución, senón que tamén xera un maior compromiso deste/a e doutros/as contribuidores/as.
- o host team de InnerSource non logra ter transparencia nos plans nin no progreso, e tampouco no contexto para os cambios. Isto resólvese aumentando os casos de uso co sistema de seguimento de incidencias do proxecto para que tamén favoreza o intercambio de ideas, o debate sobre estas e o deseño de funcionalidades.
- comece a súa iniciativa InnerSource como un experimento de tempo limitado para facilitar que o persoal directivo, que non estea familiarizado con InnerSource, secunde e apoie a iniciativa.
- o modelo de traballo InnerSource é un afastamento radical dos enfoques máis tradicionais, tanto para os/as desenvolvedores/as como para os/as seus/súas superiores/as. Ao establecer un comité de revisión como interface entre a iniciativa InnerSource e todos os altos cargos das áreas empresariais que participan nela, é máis probable que estes últimos se familiaricen coa iniciativa e a apoien; xa que lles brinda un certo nivel de supervisión e control, sen fomentar a microxestión.
- os/as socios/as que desexen contribuír a InnerSource son disuadidos/as de facelo polos/as seus/súas superiores/as. Os contratos e acordos formais son un alivio.
- incluso cando se necesita moito un proxecto InnerSource, as colaboracións e o seu uso poden verse obstaculizados porque é difícil traballar co proxecto. Estableza un core team que se dedique a coidar dos elementos fundamentais do proxecto. O traballo do core team permítelle aos/ás contribuidores/as engadir e empregar as funcionalidades que achegan valor aos seus escenarios.
- os/as potenciais contribuidores/as queren atopar proxectos InnerSource activos que precisen da súa participación. Ao calcular a cualificación da actividade do repositorio para cada proxecto, pódese crear unha listaxe clasificada de proxectos (por exemplo, no portal InnerSource) para que os/as posibles contribuidores/as poidan determinar dun xeito máis doado en que proxecto desexan colaborar.
- ós/ás novos/as contribuidores/as dun proxecto InnerSource teñen dificultades para determinar quen mantén o proxecto, en que traballar e como contribuír. Ao proporcionar documentación en arquivos estándar como README.md/CONTRIBUTING.md permítese un proceso de autoservizo para os/as novos/as contribuidores/as, de xeito que poidan atopar por si mesmos/as as respostas ás preguntas máis comúns.
- a explicación habitual de InnerSource baseada en «aplicar as mellores prácticas de software libre dentro dunha organización» non funciona correctamente coas persoas que carecen de experiencia con software libre. Como solución, os principios InnerSource máis importantes documéntanse e publícanse de maneira aberta.
- un proxecto InnerSource está a recibir demasiadas contribucións, o que dificulta o seu mantemento. Os/As responsables ofrecen un mecanismo de extensión fóra do proxecto principal, que permite escalar as capacidades do proxecto cun custo e gastos xerais de mantemento mínimos.
- os/as usuarios/as dun proxecto InnerSource teñen problemas para obter axuda e poñerse en contacto co host team. Mediante o uso sistemático de ferramentas de comunicación asíncrona, os debates serán visibles e permanecerán arquivados e accesibles; o que se traduce nunha mellora do nivel de asistencia aos/ás usuarios/as.
- cando se aceptan contribucións externas, existe unha aversión natural do equipo a asumir a responsabilidade do código que non foi escrito por eles/as. A través da garantía de 30 días, o equipo contribuidor acepta proporcionar correccións de erros ao equipo receptor. Isto aumentará o nivel de confianza de ambos os equipos e fará que sexa máis probable que se acepten as contribucións.
- establécese un marketplace mediante a creacion dunha intranet que enumere as necesidades específicas do proxecto InnerSource como «Gigs», con requisitos explícitos de tempo e habilidades. Isto permitiralle ao personal directivo comprender mellor o compromiso no tempo e os beneficios profesionais dos seus/súas traballadores/as, o que aumentará a probabilidade de obter a aprobación para realizar contribucións InnerSource.
- dúas entidades xurídicas que pertencen á mesma organización queren compartir o código fonte do software entre elas, mais preocúpanlles as implicacións en termos de responsabilidades legais ou de contabilidade entre as empresas.
- seleccione persoas con habilidades técnicas e de comunicación para liderar as comunidades e garantir o éxito no inicio dunha iniciativa InnerSource
- os equipos comezaron a adoptar InnerSource e a práctica estase estendendo a varios departamentos. Con todo, a comprensión do que constitúe un proxecto InnerSource varía. A solución consiste en proporcionar un modelo de madurez que lles permita aos equipos realizar unha autoavaliación e descubrir modelos e prácticas que aínda non coñecían.
- os/as contribuidores/as potenciais non poden descubrir dun xeito sinxelo os proxectos InnerSource nos que están interesados/as. Ao crear unha intranet que indexe toda a información dispoñible do proxecto InnerSource, permítese que os/as contribuidores/as coñezan os proxectos que lles poderían interesar; do mesmo xeito que lles serve aos/ás project owners de InnerSource para atraer a un público externo.
- o código común dun repositorio compartido non satisfai as necesidades de todos os equipos do proxecto que desexan empregalo; isto resólvese mediante a aliñación de requisitos e a refactorización.
- os equipos DevOps poden ser reticentes a traballar máis alá dos límites do equipo, en bases de código comúns; posto que non está definido quen sería a persoa responsable de responder ante unha situación de inactividade do servizo. Con frecuencia, a solución pode ser implantar o mesmo servizo en contextos independentes con cadeas de escalada separadas, en caso de caída do servizo ou de factorización dunha gran cantidade de código compartido nunha libraría na que se poidan facer colaboracións.
- que acontece se un equipo ou unha persoa abandona un proxecto InnerSource? Para manter vivo o proxecto fórmase un novo grupo de colaboradores/as interesados/as.
- os proxectos InnerSource que desexan lograr un alto índice de participación e tomar as mellores decisións posibles para todas as persoas involucradas, necesitan atopar formas de crear sistemas participativos durante todo o ciclo de vida do software. A publicación de documentos internos con peticións de comentarios (RFC) permite manter debates desde o comezo do proceso de deseño. Tamén aumenta as posibilidades de idear solucións cun alto grao de compromiso por parte de tódalas partes implicadas.
- moitos proxectos InnerSource recibirán valoracións constantemente ou requirirán a posta en marcha de novas funcionalidades e a corrección de erros por parte dos contribuidores/as. Nestas situacións, as persoas encargadas do mantemento do proxecto buscan formas de recoñecer e recompensar o traballo do contribuidor/a máis alá das contribucións individuais.
- é difícil convencer acerca do valor dos proxectos InnerSource desenvolvidos entre equipos que non teñen un impacto directo nos ingresos da empresa. Velaquí unha forma de representar o seu proxecto baseada en datos, que articula o seu valor e amplifícao.