Contribúa a este libro

Quere mellorar este libro? Estupendo!

O libro Modelos InnerSource é un proxecto de software libre en si mesmo e dá a benvida a calquera forma de contribución, por pequena que sexa.

Non importa se desexa axudarnos a corrixir erratas, a mellorar o deseño ou a contribuír con modelos completamente novos baseados nas experiencias InnerSource que realizou no seu lugar de traballo. Calquera aportación é benvida.

Se nunca antes realizou unha contribución a un proxecto de software libre, saiba que a comunidade de Modelos InnerSource é un grupo de persoas amigables e, polo tanto, é un lugar seguro para tentalo.

Antes de comezar

As fontes do Modelo InnerSource e este mesmo libro atópanse nun repositorio de GitHub. Polo tanto, necesitará unha conta de usuario/a de GitHub para realizar modificacións e suxestións a este libro. Se aínda non ten unha, diríxase a github.com e cree unha conta gratuíta.

Diferentes xeitos de contribución

Velaquí algunhas formas nas que pode contribuír:

  1. Corrección ortotipográficas, de formato ou doutros erros que atope neste libro.

  2. Mellora do contido dun modelo existente (por exemplo, pode engadir unha breve descrición de como está a empregar vostede o modelo no apartado Exemplos coñecidos).

  3. Aportación dun novo modelo no que describa como superou os desafíos relacionados con InnerSource na súa organización.

Para (1) e (2), basta con premer na ligazón Editar en GitHub que observa na parte superior de cada páxina deste libro para acceder directamente ao arquivo respectivo do noso repositorio de GitHub, onde pode suxerir os cambios que considere.

Para (3) necesita clonar o repositorio InnerSourcePatterns e engadir un novo arquivo co modelo suxerido. Para facer tales importantes contribucións a este libro, revise a sección de CONTRIBUTING.md e tamén o noso Manual de contribución.

Licenzas das Contribucións

O contido deste repositorio ten licenza CC-BY-SA-4.0. Se contribúe ao mesmo, estanos a outorgar (e, por ende, a tódolos/as demais) o dereito a empregar a súa contribución de acordo coa devandita licenza.

Last updated